Podes inscribirte no seguinte enlace: https://forms.gle/MP3AjASKiz6wozUh6

A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, organiza en colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, as xornadas anuais sobre FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO.

O curso realizarase os días 17, 18, 19 e 20 de abril (primeiro ciclo) e 24, 25, 26 e 27 de abril (segundo ciclo). Será impartido na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Sala Rosalía) na rúa Chao, nº17 en horario de 17:00 a 20:00 horas. 

No primeiro ciclo contaremos coa presenza dos grupos especializados en violencia de xénero das forzas de seguridade e coas profesionais dos Xulgados e dos Servizos Sociais, que nos explicarán o traballo que levan a cabo e os recursos cos que contamos para loitar contra a violencia de xénero.

No segundo ciclo Carmen Clavería (psicóloga clínica) formaranos nas pautas para o acompañamento a mulleres en procesos de violencia, no que terán preferencia as persoas que queiran formar parte do voluntariado da Rede de Mulleres.

Agardamos contar coa vosa participación!

SAÍR RÁPIDO