CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO


A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo pon a disposición un atlas de recursos fronte a violencia de xénero

Ver: Atlas de Recursos do Concello de Vigo


MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES


A Marcha Mundial das Mulleres é un colectivo feminista anticapitalista que traballa de forma asamblearia e por consenso en coordenadoras locais. Construímos alianzas con colectivos feministas e diferentes movementos sociais para  sumar na construcción dunha sociedade xusta que coloque a vida no centro.

Web: Marcha Mundial das Mulleres


FEMINISMO UNITARIO VIGO


Plataforma nada en 2017 formada por unha vintena de organizacións feministas e mulleres de Vigo.

Redes: Feminismo Unitario Vigo


ADICAM


ADICAM é unha Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico que xorde en Cangas no ano 2001 e conta cun total de 1578 socios e socias no ano 2020. ADICAM está formado por unha amalgama de persoas afectadas de cancro de mama, cancro xinecolóxico e afectadas de outro proceso oncolóxico, familiares, profesionais e colaboradores que se solidarizan cá causa.

Web: ADICAM


OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS DE COIA


Punto de información sobre dereitos sociais, que funciona dende setembro de 2007, coa vontade de: ofrecer información alternativa sobre axudas sociais, visualizar/denunciar o empobrecemento e artellar respostas colectivas fronte ao capitalismo.

Ir a web da Ofina de Dereitos Sociais de Coia: ODS-Coia


SOS RACISMO GALIZA


SOS Racismo Galicia é unha organización sen ánimo de lucro, independente, laica,  multicultural e plural, que se enmarca  dentro da Federación de Asociacións de SOS Racismo do Estado Español que se constituíu cunha nova Xunta Directiva na cidade da Coruña en 2013, tras un longo período de inactividade.

Web: SOS RACISMO GALIZA


NÓS MESMAS


A Asociación Nós Mesmas é unha organización feminista que nace en 2008 da man dun grupo de mozas novas e que se plantexaron como obxectivo contribuir a construcción de vías alternativas de pensamento para acadar as condicións necesarias para o exercicio e pleno disfrute por parte das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais dos seus dereitos.

Web: Nós Mesmas


ACCEM


Organización sen ánimo de lucro, apartidista y aconfesional que traballa para mellorar as condicións de vida das persoas en situación de vulnerabilidade. Defenden a igualdade de dereitos, deberes e oportunidades para todas as persoas, con independencia da súa orixe, xénero, orixe nacional ou étnica, orientación e identidade sexual, relixión, opinión ou grupo social.

Web: ACCEM


TERANGA


A palabra «Teranga» é unha palabra en Wolof, unha das linguas de Senegal, que significa «acollida-hospitalidade» e que resume a principal finalidade do Programa Teranga en Galicia: Atención ás persoas migrantes, seguindo os principios e criterios que definen a identidade da Fundación JuanSoñador.

Web: Teranga Galicia


FADEMGA


FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Web: FADEMGA


FEAFES


A misión de Saúde Mental FEAFES Galicia consiste en mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental, as súas familias e persoas achegadas, defender os dereitos do colectivo e representar ao movemento asociativo FEAFES no territorio galego, brindando apoio e coordinación ás asociacións que o integran.

Web: FEAFES


AMINO.Gal


Entidade sen ánimo de lucroformada por un grupo de profesionais de  diferentes ámbitos vinculados coa infancia e adolescencia (sanidade, servicios sociais, educación, xustiza).

Web: AMIGO.Gal


FUNDACIÓN AMIGÓ


Fundación con programas de atención á infancia e á violencia filio-parental e intervención familiar.

Web: Fundación Amigó


ÉRGUETE


Fundación que está coas persoas máis vulnerables facilitándolles atención directa, formación e asesoramento para o emprego co fin de que, desde un itinerario persoalizado, recuperen a súa dignidade humana e formen parte activa das nosas vilas e cidades.

Web: Fundación ÉRGUETE