Asociación

Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos

A Rede de Mulleres

Asociación sen ánimo de lucro centrada no acompañamento integral a mulleres en procesos de violencia, así como na formación en xénero e na concienciación, prevención e denuncia social.

A Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos, ten como obxectivo atender ás demandas que día a día nos expoñen as mulleres que se achegan á Asociación, polo que dende o ano 1998 traballamos no acompañamento ás mulleres en procesos de violencia abarcando todas as necesidades detectadas, así como na formación en xénero e a denuncia social.

O traballo que imos desenvolvendo, sempre realizado dende unha perspectiva de xénero, enmárcase en catro areas:

1. Concienciación, prevención e denuncia social

Difundindo os valores de igualdade entre as persoas, con especial incidencia nos centros de ensino e nas familias, fomentando a coeducación, cunha participación activa nos movementos sociais.

2. Formación

En materia de xénero e violencia de xénero, promovendo foros e cursos de formación.

3. Asistencia e acompañamento integral

A mulleres en procesos de violencia.

4. Reincorporación psico-social

Promovendo o benestar e a mellora da calidade de vida das mulleres, a través de proxectos que abarcan a área psicolóxica, física e social.

Obxectivos

O acompañamento social integral a mulleres en procesos de violencia.

Minimizar os danos psicolóxicos, físicos e sociais das mulleres en procesos de violencia machista, a través do empoderamento e da práctica feminista, da información dos procedementos e dos servizos e do acompañamento no seu proceso de recuperación psico-social e laboral.

Eliminación da violencia.

Un dos obxectivos principais da Asociación é a eliminación da violencia contra as mulleres en todos os ámbitos, mediante a prevención e a concienciación de todos os e as axentes sociais, institucións e colectivos.

Promover a movilización da sociedade.

Mediante a presenza na rúa ou co contacto regular cos medios de comunicación e cos e coas profesionais que traballan no ámbito de actuación da Rede, involucrando a toda a sociedade no noso proxecto, co fin de concienciar sobre a verdadeira realidade, cómo afecta á vida diaria de todas as mulleres e a toda a sociedade e como previla.

Obxectivos específicos

Promover a plena recuperación psico-social das mulleres en situación de violencia, mediante un programa de acompañamento integral que posibilite a execución dos seus dereitos e a mellora da súa calidade de vida.

Facilitar apoio profesional especializado para acompañalas activamente tanto a nivel persoal (autoestima, apoio emocional…) como a nivel social (trámites, recursos…) para promover o seu acceso ós recursos comunitarios.

Ofrecer un acompañamento e apoio individualizado dinamizador das capacidades e recursos persoais e sociais das mulleres atendidas, que permita, sempre dende a perspectiva de xénero, ir superando as dificultades que poden minar os seus procesos de recuperación.

Desenvolvemento e fomento da participación en actividades relacionais, actividades de ocio e tempo libre, actividades sociais, actividades formativo-laborais, etc.

A formación en xénero, impartindo unha formación de calidade con profesionais expertas en xénero e violencia de xénero.

Novas

Consulta as novas que consideramos de interese.

Actividades

Formativas, de ocio, para a recuperación psicolóxica e social...

Recursos sociais

Enlaces a outros recursos que te poden axudar.

Recursos económicos

Enlaces ás convocatorias en prazo de presentación.

Lexislación

Coñece os teus dereitos.

Hemeroteca

A Rede de Mulleres na prensa.

Biblioteca

Recursos bibliográficos ná biblioteca da Rede de Mulleres.

Ligazóns

Información relevante noutras páxinas web.

Feminicidios

Listados de feminicidios cometidos no Estado Español.

Almanaque

A axenda da Rede de Mulleres.

SAÍR RÁPIDO