Recursos Económicos
AXUDAS MUNICIPAIS A FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS EN ENSINANZA OBRIGATORIA CURSO 2023/24.
Aberto o prazo de solicitude para as AXUDAS MUNICIPAIS A FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS EN ENSINANZA OBRIGATORIA CURSO 2023/24. A solicitude realizase presencialmente no concello ou na súa web coa Clave Pin Permanente.
Consulta os requerimentos e inicia a solicitude na seguinte ligazón: https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp…
Convocatoria da axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Concilia Familia
Estas axudas están enfocadas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023.
Os requisitos da convocatoria son os seguintes:
a) Que o neno ou a nena sexa menor de trece anos.
b) Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida estean efectivamente traballando.
O ligazón á convocatoria é o seguinte: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A&anno=2023&numpub=1&lang=gl
Lembrade que o prazo é o seguinte: do 05/07/2023 ao 15/09/2023
Se precisades axuda para a súa tramitación ou ampliar a información contactade con nós. Saúdos!
——
Estas ayudas están enfocadas a las familias con niños y niñas residentes en Galicia de hasta doce años de edad, estos incluidos, para la atención de necesidades de conciliación de carácter puntual o durante los períodos de vacaciones escolares, que tengan lugar entre el 1 de enero y el 8 de septiembre de 2023.
Los requisitos de la convocatoria son los siguientes:
la) Que el niño o la niña sea menor de trece años.
b) Que ambos padres/madres, personas tutoras, acogedoras, guardadoras con fines adoptivos, familias monoparentales o padres/madres con custodia no compartida estén efectivamente trabajando.
El link a la convocatoria es el siguiente: https://sede.junta.gal/detalle-procedimiento?codtram=BS412La&anno=2023&numpub=1&lang=gl
Recordad que el plazo es el siguiente: del 05/07/2023 al 15/09/2023
Si necesitáis ayuda para su tramitación o ampliar la información contactad con nosotras. Saludos!
Enlaces directos ás convocatorias en prazo de presentación
Prestacións para persoas en situación de violencia
Axudas periódicas para mulleres en situación de violencia de xénero. Ano 2023
Persoas beneficiarias:
- Mulleres maiores de idade ou emancipadas vítimas de violencia de xénero..
- Nunha relación de convivencia e dependencia económica do seu agresor
- No caso das vítimas de trata con fins de explotación sexual: relación de dependencia da persona que mantiver sobre ela unha relación de dominación
- Requisitos ou condicións:
- Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude
- Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres extranxeiras: Ter permiso de residencia
- No caso das vítimas de trata con fins de explotación sexual: acreditar que poseen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
- Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor
- E/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do Iprem vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Contía:
A contía das axudas establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) vixente, e en atención ao número de fillas e fillos menores ou menores en acollida a cargo, así como o grao de discapacidade da solicitante e/ou dos menores a cargo, de ser o caso.
- Entre 200 euros/mes e 800 euros/mes; ata un máximo de doce mensualidades.
Link:
Axuda de pago único e indemnización para mulleres en situación de violencia de xénero. Ano 2023
Persoas beneficiarias:
- Mulleres maiores de idade ou emancipadas vítimas de violencia de xénero. Requisitos:
- Non convivir co agresor
- Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia
- No caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia
- Ter especiais dificultades para obter un emprego
- Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias
- Non poderán ser beneficiarias as mulleres que percibisen esta mesma axuda con anterioridade.
Importe:
O importe xeral desta axuda será o equivalente a seis meses do subsidio por desemprego vixente, e que pode chegar a ser o equivalente a doce, dezaoito ou vinte e catro meses do subsidio por desemprego vixente en función das rendas e ingresos, das responsabilidades familiares, ou do grao de discapacidade da solicitante e/ou familiares ou menores acollidos/as a cargo.
Prazo:
Ata o 30 de novembro de 2023.
Link:
Estas axudas de indemnización recollidas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2020.
Persoas beneficiarias:
- Fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero. Requisitos na data do falecemento da nai:
- Ser menores de idade e convivir coa nai, independentemente da renda familiar
- Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor
- Mulleres que resultasen gravemente feridas con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero
- Ser muller, maior de idade ou emancipada
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia no momento dos feitos
- Mulleres estranxeiras: Permiso de residencia e de traballo
- Resultar gravemente ferida, con lesións que requiran hospitalización por causa de violencia de xénero
Contía:
O importe das indemnizacións reguladas nesta resolución fíxase na cantidade de sete mil euros (7.000 €) por cada persoa beneficiaria.
Prazo:
Ata o 30 de novembro de 2023
Link:
Renta Activa de Inserción para persoas en procesos de violencia de xénero ou doméstica
Persoas beneficiarias:
Mulleres vítimas de violencia de xénero ou violencia doméstica:
- É vítima de violencia de xénero a muller que sofre violencia física ou psicolóxica (incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade) de parte de quen sexan ou fosen os seus cónxuxes ou de quen están ou estivesen ligados a ela por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia e independentemente do seu estado civil. Ademais, tamén terán a condición de vítima de violencia de xénero os seus fillos ou fillas menores e os menores suxeitos á súa tutela ou garda e custodia que sufran esta violencia.
- É vítima de violencia doméstica, para efectos da RAI quen sufrise dita violencia se esta exerceuse por:
- O seu cónxuxe, excónyuge, persoa ligada por análoga relación de afectividade, ou expareja, se a vítima non é muller ou se ambos os membros da parella son do mesmo sexo
- Os seus fillos ou fillas ou os seus pais ou nais, con independencia, en ambos os casos, da súa idade
- Os fillos ou fillas ou os pais ou nais do seu cónxuxe ou excónyuge ou da súa parella de feito ou expareja, de calquera idade
- O cónxuxe, excónyuge ou parella de feito do seu proxenitor ou proxenitora
Requisitos:
- Ter acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia de xénero ou doméstica, salvo cando conviva coa persoa agresora
- Estar inscrita como demandante de emprego
Outras axudas
VI482F – Bono de alquiler social
Audas destinadas a atender con carácter urxente a situación da vivenda de vítimas de violencia de xénero, personas obxeto de desahucio da sua vivenda habitual, persoas sen fogar e outras persoas especialmente vulnerables.
Prazo: ata o 30 de novembro de 2026. Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI482F&ano=2022&numpub=1&lang=es
Axudas para a exención da tasa de lixo para o vindeiro ano 2023
Trámite para quedar exento del pago de la tasa por recogida de residuos sólidos urbanos en el término municipal de Vigo, su transporte a los centros de eliminación y posterior tratamient
Prazo: 1 de outubro ata o 31 de decembro do 2023.
CONVOCATORIAS ANTERIORES
Axudas para educación en igualdade
RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento SI449B).
Axudas para o emprendemento
Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino. Ano 2022
O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.
Prazo: ata o 12 de agosto 2022. Solicitude: Emprendemento Feminino.
Axudas para exercer a corresponsabilidade
Axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado e se convoca para o ano 2023 (código de procedemento BS412A).
Concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023, así como proceder á súa convocatoria.
Prazo: ata o 15 de setembro 2023.
Axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo
Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta resolución.
Prazo: ata o 2 de agosto.
Subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero
As axudas recollidas nesta resolución recoñeceranse cando o traslado se producira con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020
Persoas beneficiarias:
Mulleres vítimas de violencia de xénero que cumpran os seguintes requisitos:
- Acreditar a situación por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (nos 24 meses anteriores ó cambio de residencia)
- Para esta resolución tamén terán condición de vítima de violencia de xénero as mulleres que padeceran violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa
- Ter cesado a relación de convivencia co seu agresor
- Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non supere o límite do importe de 3,5 veces o IPREM vixente nos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude
Subvencións:
- Gastos de desprazamento
- Gastos de transporte de mobiliario e enseres
- Gastos de aloxamento
- Gastos de gardaría e de atención a persoas dependentes.
Prazo:
Ata o 30 de novembro de 2022
Novas
Consulta as novas que consideramos de interese.
Actividades
Formativas, de ocio, para a recuperación psicolóxica e social...
Recursos sociais
Enlaces a outros recursos que te poden axudar.
Recursos económicos
Enlaces ás convocatorias en prazo de presentación.
Lexislación
Coñece os teus dereitos.
Hemeroteca
A Rede de Mulleres na prensa.
Biblioteca
Recursos bibliográficos ná biblioteca da Rede de Mulleres.
Ligazóns
Información relevante noutras páxinas web.
Feminicidios
Listados de feminicidios cometidos no Estado Español.
Almanaque
A axenda da Rede de Mulleres.