Lexislación
SUSPENSIÓN RÉXIME DE VISITAS
Dende a Rede de Mulleres levamos anos demandando a suspensión do réxime de visitas cos maltratadores, polo que celebramos positivamente a entrada en vigor do artigo 94 CC, no cal se recolle que dende o momento en que se denuncie unha situación de violencia de xénero non se establecerá un réximen de visitas, e no caso de que existira se suspenderá. Aínda que sí recolle a posibilidade de establecelo cun informe baseándose no interés da/do menor, polo que estaremos atentas para comprobar se os xulgados siguen impoñéndoos, xa que o interés da/do menor ten que ser sempre alonxalo e protexelo do maltratador.
A suspensión será de aplicación no Xulgado de Violencia sobre a Muller e tamén na xurisdicción civil cando se aprecien indicios fundados de violencia de xénero.
Non procederá en ningún caso o establecemento do reximen de visitas respecto do proxenitor en situación de prisión, provisional ou por sentenza firme, acordada en procedemento penal por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou ás súas fillas e fillos.
Tamén resaltar de maneira positiva a modificación do artigo 156 no cal se exime o consentimento do proxenitor maltratador para a atención e asistencia psicolóxica das fillas/os, debendo ser informado previamente, esto impedía en moitas ocasións a súa asistencia psicolóxica, ainda sendo vítimas directas da violencia exercida física e/ou psicolóxica, paceden a angustia e temor da nai, crecen nun ambiente violento, presentan tristeza, irascibilidade…
Na Rede de Mulleres vemos e denunciamos como os pais maltratadores presentan actitudes egoístas, vendo ás crianzas como unha posesión e un instrumento para causar dano e sufrimento ás nais, sinten tanta obsesión polo control e o dominio sobre a muller, que esto supera o afecto que podan sentir polas fillas e fillos. Un maltratador nunca é bo pai!
Lexislación sobre violencia de xénero, igualdade e outras
VIOLENCIA DE XÉNERO
ESTATAL
Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. (B.O.E nº 313, 29/12/2004)
http://www.boe.es/boe/dias/2004/12/29/pdfs/A42166-42197.pdf
Lei Orgánica 11/2003, de 29 de setembro, de medidas concretas en materia de seguridade cidadá; violencia doméstica e integración social dos estranxeiros. ( B.O.E nº 234, 30/09/2003)
http://www.boe.es/boe/dias/2003/09/30/pdfs/A35398-35404.pdf
Lei 27/2003, do 31 de xullo, reguladora da Orde de Protección das vítimas de violencia doméstica. (B.O.E. Nº 183, 1/08/2003)
https://www.boe.es/boe/dias/2003/08/01/pdfs/A29881-29883.pdf
Real Decreto 253/2006, de 3 de marzo, polo que se establecen as funcións, o réxime de funcionamento e a composición do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller. (B.O.E.nº 62, 14/03/2006)
http://www.boe.es/boe/dias/2006/03/14/pdfs/A10166-10170.pdf
Real Decreto 738/1997, de 23 de maio, polo que se aproba o reglamento de axudas ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual. (B.O.E.nº 126, 27/05/1997)
http://www.boe.es/boe/dias/1997/05/27/pdfs/A16244-16265.pdf
AUTONÓMICA: GALICIA
Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. (D.O.G. Nº 152,07/2007)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20070807/Anuncio2D48A_gl.html
Orde do 2 de abril de 2013 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede a súa convocatoria para o ano 2013. ( D.O.G. nº 66, 5 de abril de 2013)
IGUALDADE
ESTATAL
Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. (B.O.E.nº 71, 23/03/07)
http://www.boe.es/boe/dias/2007/03/23/pdfs/A12611-12645.pdf
Lei 30/2003 do 13 de outubro, sobre medidas para incorporar a valoración do impacto sobre xénero nas disposicións normativas que elabore o Goberno. (B.O.E.nº 246, 14/10/2003)
http://www.boe.es/boe/dias/2003/10/14/pdfs/A36770-36771.pdf
AUTONÓMICA: GALICIA
LEI 7/2010, do 15 de outubro, pola que se suprime o organismo autónomo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e se modifican determinados artigos da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. (DOG nº 207, 27/10/2010)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20101027/Anuncio36BC2_gl.html
Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. (D.O.G nº72, 13/04/2007)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20070413/AnuncioD2E6_gl.html
Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. (D.O.G. nº147, do 3 de agosto)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2004/20040803/Anuncio1501E_gl.html
OUTROS
ESTATAL
Lei 10/2012, de 20 de novembro, pola que se regulan determinadas tasas no ámbito da Administración de Xustiza e do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses. (B.O.E. nº 280, 21/11/2012)
http://www.boe.es/boe/dias/2012/11/21/pdfs/BOE-A-2012-14301.pdf
Real Decreto Lei 3/2013, do 22 de febreiro, polo que se modifica o réxime de tasas no ámbito da Administración de Xustiza e no sistema de asistencia xurídica gratuita. (B.O.E. nº 47 de 23 de febreiro de 2013)
http://www.boe.es/boe/dias/2013/02/23/pdfs/BOE-A-2013-2029.pdf
Lei 5/2010 de 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada. (B.O.E.nº174, 19/07/2010)
http://www.boe.es/boe/dias/2010/07/19/pdfs/BOE-A-2010-11489.pdf
Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo de saude sexual e reprodutiva e da interrupción do embarazo. (B.O.E nº 55, 04/03/2010)
http://www.boe.es/boe/dias/2010/03/04/pdfs/BOE-A-2010-3514.pdf
Lei 1/1996, do 10 de xaneiro de asistencia xurídica gratuita. (B.O.E. nº 11, do 12 de xaneiro)
http://www.boe.es/boe/dias/1996/01/12/pdfs/A00793-00803.pdf
Real Decreto 996/2003, do 25 de xullo polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuita. (B.O.E. nº188, 07/08/2003)
http://www.boe.es/boe/dias/2003/08/07/pdfs/A30505-30525.pdf
Novas
Consulta as novas que consideramos de interese.
Actividades
Formativas, de ocio, para a recuperación psicolóxica e social...
Recursos sociais
Enlaces a outros recursos que te poden axudar.
Recursos económicos
Enlaces ás convocatorias en prazo de presentación.
Lexislación
Coñece os teus dereitos.
Hemeroteca
A Rede de Mulleres na prensa.
Biblioteca
Recursos bibliográficos ná biblioteca da Rede de Mulleres.
Ligazóns
Información relevante noutras páxinas web.
Feminicidios
Listados de feminicidios cometidos no Estado Español.
Almanaque
A axenda da Rede de Mulleres.