A mala noticia vén do capítulo da violencia de xénero e familiar. O ano pasado, a comisaría de Vigo-Redondela rexistrou 159 denuncias por malos tratos e lesións fronte aos 132 do ano 2002. A maioría dos casos de violencia doméstica son resoltos en xuízos rápidos, aínda que os de maior gravidade van polo Penal. Se se examinan datos de fai dez anos, en 1993, a comisaría tramitou 12 denuncias por agresión sexual, cifra que aumentou a 21 en 1996. En 2002, os delitos contra a liberdade sexual xa se situaban en 56 casos e o aumento continuou en 2003 con 67 incidencias. Os asasinatos e homicidios diminuíron de dez casos a seis. A cifra máis baixa da década remóntase ao ano 1996, cando só houbo crimes fronte ao once de 1994. A policía persiste na investigación da morte de Deborah, o crime das bombas-trampa e o asasinato dun matrimonio luso no seu restaurante.
A Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos celebra hoxe, ás oito da tarde, unha concentración contra a violencia de xénero. A manifestación terá lugar en rúa Príncipe diante do Museo Marco.