Os datos estadísticos sobre violencia machista en Vigo, feitos públicos polo Consello Xeral do Poder Xudicial, preocupan aos colectivos de Vigo. A cidade olívica atópase a cola das grandes cidades de Galicia no número de órdes de protección xudiciais, só o 34% das solicitadas polas mulleres, e a cabeza do sobreseimento (71%), o que leva a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo a reivindicar un estudio sobre a violencia machista na cidade.
«Sentímonos decepcionadas. As mulleres trasládannos o malestar polo funcionamento do Xulgado de Violencia e tamén dos de familia, creemos que as denuncias non aumentan porque as mulleres non ven resultado positivo para denunciar»
Lamentamos o excesivo número de conformidades que alcánzanse o que impiden ir máis alá e coñecer a realidade da vítima. «O agresor admite o seu delito, pero só no caso puntual do que se lle acusa, polo que perdense datos porque a muller pode sufrir ameazas e agresións dende fai anos, pero que limítanse a un feito concreto.