A Policía Nacional de Vigo reuniuse coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e coa delegación de Plena Inclusión en Galicia en Vigo (Fademga), no marco da súa loita contra os malos tratos a mulleres e fillos. A comisaría quere colaborar para «canalizar» a información sobre mulleres que sexan vítimas de violencia de xénero e que non poidan ou non se atrevan a denunciar. Tamén se preocupa polas persoas con discapacidade.