Dende a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo querémosvos convidar un ano máis ó XV Encontro de Mulleres en Panxón, que se celebrará os vindeiros días venres 30 e sábado 31 de outubro na Residencia de Tempo Libre de Panxón (rúa Cansadoura 2, Panxón, Nigrán)

A inscrición deberá facerse canto antes a través da seguinte ligazón:
Inscricións: https://forms.gle/gedJSvqNAQ7wRtgS8

O custe do evento é de 5€ que deberán abonarse na oficina da Rede de Mulleres (en rúa Oliva 12, Vigo) antes da citada data. Este custe inclúe todas as actividades, a pernocta, cea, almorzo e xantar, así como o bus de ida e volta en caso de que haxa demanda suficiente do mesmo.

O XV Encontro de Mulleres de Panxón é un encontro de formación co fin de potenciar as relacións non formais entre as mulleres e a nosa participación social. O venres comezaremos ás 16h, levaráse a cabo a inauguración xunto cunha ponencia de Concha García Vázquez, «O incremento da violencia machista e sexual na xuventude», e o sábado realizaránse 3 obradoiros simultáneos, con prazas limitadas, tendo que escoller unha opción para a mañá e outra para a tarde, rematando ás 19h.

1º- Tareixa Ledo Regal: «Das relacións de poder ás relacións de igualdade para o bo trato».

2º- Natalia Gantes Mella: «Recursos prácticos para a saúde física e emocional con perspectiva de xénero».

3º- Patri do Camiño. «As mulleres que deixaron pegada».

Ante calquera dúbida podedes contactarnos a través dos seguintes teléfonos 986 222 328 ou 670 453 431.

Agardámosvos a todas!

SAÍR RÁPIDO