A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, organiza en colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, as xornadas anuais sobre FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO.

O curso dividirase en dous fases:

A primeira fase realizarase os días 8, 9, 10 e 11 de abril e será impartido na Sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Rúa Oporto, 1, en horario de 17:00 a 20:00 horas.  Estos días contaremos coa presenza dos grupos especializados en violencia de xénero das forzas de seguridade e coas profesionais dos Xulgados e dos Servizos Sociais, que nos explicarán o traballo que levan a cabo e os recursos cos que contamos para loitar contra a violencia de xénero.

A segunda fase realizarase os días 15, 16, 17 e 18 de abril e se impartirá la Casa das Mulleres, na rúa Romil, 20, en horario de 18:00 a 21:00. Nesta fase, Carmen Clavería (psicóloga clínica), vos formará nas pautas para o acompañamento a mulleres en procesos de violencia, no que terán preferencia as persoas que queiran formar parte do voluntariado da Rede de Mulleres.

Para inscribiros e poder asistir ás Xornadas tedes que entrar no enlace que encontraredes a continuación:

https://forms.gle/3NJDn9CZUejHtzxL7

Agardamos contar coa vosa participación!

SAÍR RÁPIDO