Inscricións: https://forms.gle/9DZ7VR5bmjno5iV76

Dende a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo querémosvos convidar un ano máis ó XIII Encontro de Mulleres en Paxón, que se celebrará os vindeiros días venres 25 e sábado 26 de outubro na Residencia de Tempo Libre de Panxón (rúa Cansadoura 2, Panxón, Nigrán)

A inscrición deberá facerse canto antes a través da seguinte ligazón:
Inscricións: https://forms.gle/9DZ7VR5bmjno5iV76

O custe do evento é de 5€ que deberán abonarse na oficina da Rede de Mulleres (en rúa Oliva 12, Vigo) antes da citada data. Este custe inclúe todas as actividades, a pernocta, cea, almorzo e xantar, así como o bus de ida e volta en caso de que haxa demanda suficiente do mesmo.


O XIII Encontro de Panxón é un encontro de ocio e formación co fin de potenciar as relacións non formais entre as mulleres e a nosa participación social e política. O venres comezaremos ás 16h, levaráse a cabo a inauguración xunto cunha ponencia de SOS Racismo e o sábado realizaránse 3 obradoiros simultáneos (Bo trato, Mindfulness e Cianotipia), con prazas limitadas, tendo que escoller unha opción para a mañá e outra para a tarde, rematando as 19h. 

Ante calquera dúbida podedes contactarnos a través deste mesmo correo ou a través do 627978544
Esperámosvos a todas!

SAÍR RÁPIDO