A VII Xornada «A Autoorganización como resposta á Violencia de Xénero» celebraráse o vindeiro venres 24 de maio en horario de 10h a 13h no Salón de Actos do Centro Municipal de Distrito Casco Vello (Rúa Oliva nº 12, Vigo).

Reflexionaremos sobre o noso papel como axentes de cambio na erradicación da violencia de xénero, coñecendo de primeira man a experiencia de colectivos e asociacións que traballan neste eido (O Fogar das Mulleres, Esmar non á violencia! e Rede de Mulleres). Falaremos tamén sobre a prevención do suicidio e a súa relación coa violencia de xénero, en base á labor e experiencia do Programa Aférrate da Asociación Alborada.

Queremos fomentar o debate entre os colectivos e entre todas as persoas interesadas sobre os temas fundamentais e de máis interese de cara ó futuro, así como o coñecemento mutuo e o traballo conxunto de toda a sociedade de cara á eliminación da violencia de xénero.

Xa podedes iscribirvos de xeito gratuito a través do QR do cartel ou na seguinte ligazón: https://forms.gle/APzADS3sWT63bzUU7

Para máis info, podedes contactarnos no correo: redemediadorasvigo@gmail.com ou no teléfono 627 978 544.

Agardámosvos!!!

SAÍR RÁPIDO