Informamos das V Xornadas «A Autoorganización como resposta á Violencia de Xénero» será o vindeiro 16 de Xuño de 10:00h. a 13.30h.; na Oficina Municipal de Distrito Casco Vello (Rúa Oliva nº 12).
Reflexionaremos sobre a intervención con menores en distintos ámbitos, fomentando o debate entre os colectivos e entre todas as persoas interesadas sobre os temas fundamentais e de máis interese de cara ó futuro. Queremos fomentar o coñecemento mutuo e o traballo conxunto de toda a sociedade de cara á eliminación da violencia de xénero.
Inscricións no correo: redemediadorasvigo@gmail.com indicando os vosos datos persoais (Nome, Apelidos, DNI, Teléfono); para máis info nos teléfonos 986 222 328 ou no 670 453 431. Agardámosvos a todas e todos!!!
Agradécese difusión.