Dende a Rede de Mulleres levamos anos demandando a suspensión do réxime de visitas cos maltratadores, polo que celebramos positivamente a entrada en vigor do artigo 94 CC, no cal se recolle que dende o momento en que se denuncie unha situación de violencia de xénero non se establecerá un réximen de visitas, e no caso de que existira se suspenderá. Aínda que sí recolle a posibilidade de establecelo cun informe baseándose no interés da/do menor, polo que estaremos atentas para comprobar se os xulgados siguen impoñéndoos,  xa que o interés da/do menor ten que ser sempre alonxalo e protexelo do maltratador.

      A suspensión será de aplicación no Xulgado de Violencia sobre a Muller e tamén na xurisdicción civil cando se aprecien indicios fundados de violencia de xénero.

Non procederá en ningún caso o establecemento do reximen de visitas respecto do proxenitor en situación de prisión, provisional ou por sentenza firme, acordada en procedemento penal por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou ás súas fillas e fillos.

      Tamén resaltar de maneira positiva a modificación do artigo 156 no cal se exime o consentimento do proxenitor maltratador para a atención e asistencia psicolóxica das fillas/os, debendo ser informado previamente, esto impedía en moitas ocasións a súa asistencia psicolóxica, ainda sendo vítimas directas da violencia exercida física e/ou psicolóxica, paceden a angustia e temor da nai, crecen nun ambiente violento, presentan tristeza, irascibilidade…

      Na Rede de Mulleres vemos e denunciamos como os pais maltratadores presentan actitudes egoístas, vendo ás crianzas como unha posesión e un instrumento para causar dano e sufrimento ás nais, sinten tanta obsesión polo control e o dominio sobre a muller, que esto supera o afecto que podan sentir polas fillas e fillos. Un maltratador nunca é bo pai!

SAÍR RÁPIDO