Dende a Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo queremos informarvos dunha saída financiada pola Deputación de Pontevedra, polo Programa +CONVIVENCIA.
Esta saída está programada para o sábado 7 de setembro de 2024 e consistirá nunha xornada por Vigo, a illa de San Simón e ao Parque das illas Atlánticas.
Máis en detalle, comezaremos cunha mañá de visita guiada pola cidade de Vigo, cunha pausa para comer un pequeno picnic e continuaremos coa excursión en barco dende o Porto de Vigo á Illa de San Simón, cunha visita con guía acompañante e posteriormente visita guiada ao Parque de Illas Atlánticas.
A viaxe é gratuita e se irá por orde de inscrición. (Prazas esgotadas)