O Punto de Orientación Laboral da Rede comeza novos talleres para o mes de xullo:

– Coñécete: Luns 5 de xullo, en horario de 10h a 13h.

Obxectivo: profundar no coñecemento dunha mesma para establecer obxectivos profesionais coherentes tanto dende o punto de vista persoal como profesional:

 –  Coñece o mercado laboral. Crea o teu mapa de empregabilidade. Deseña o teu plan de acción: Luns 12 de xullo, en horario de 10h a 13h.

Obxectivo: coñecer os cambios do mercado laboral nunha economía global para definir un obxectivo coherente co teu proxecto profesional e co mercado:

– Os procesos de selección I e os procesos de selección II.

Obxectivo: Aprender estratexias que axuden a superar con éxito os diferentes procesos de selección.

Establecense dúas quendas: Os luns 19 e 26 de xullo en horario de 10h a 13h. Os xoves 22 e 29 de xullo en horario de 16h a 20h.

Formato: presencial

Dirixidos: a mulleres de 18 anos en adiante

SAÍR RÁPIDO