Dende o ano 1998 a Asociación Rede de Mulleres contra os Malos Tratos intervén con
mulleres en procesos de violencia de xénero acompañándoas durante todo o seu proceso de
recuperación psico-social. Durante os máis de 20 anos de experiencia, observamos a
necesidade da formación de toda a poboación, polo que ofrecemos obradoiros de balde sobre
violencia de xénero e relacións saudables ós colexios e institutos dentro do Proxecto “Camiños
ao Bo Trato”, co fin de traballar co alumnado a necesidade de establecer relacións afectivas
sás.