Dende o ano 1998 a Asociación Rede de Mulleres contra os Malos Tratos intervén con
mulleres en procesos de violencia de xénero acompañándoas durante todo o seu proceso de
recuperación psico-social. Durante os máis de 20 anos de experiencia, observamos a
necesidade da formación de toda a poboación, polo que ofrecemos obradoiros de balde sobre
violencia de xénero e relacións saudables ós colexios e institutos, ANPAS, asociacións e entidades que o soliciten, dentro do Proxecto “Camiños ó Bo Trato”, co fin de traballar coa sociedade en xeral a necesidade de establecer relacións afectivas sás.

A Rede de Mulleres asina un convenio en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para a formación en igualdade e violencia de xénero, formación adaptada ao grupo (estudantado, profesorado, asociacións…).

Son obradoiros presenciais que podedes solicitar e realizaremos nas vosas sedes. Se a vosa entidade está interesada en realizar dita formación só tedes que poñervos en contacto nos seguintes teléfonos e correo electrónico:

Tels. 986 22 23 28 // 670 453 431
redemediadorasvigo@gmail.com

Agardamos contar coa vosa participación!


SAÍR RÁPIDO