Formación en xénero e violencia de xénero.
A Rede de Mulleres dentro do «Proxecto Camiños ó Bo Trato» convoca ás e ós profesionais das diferentes ramas profesionais (docente, sanitario, asistencial, policial, xudicial etc.) que estean interesadas/os en profundizar no ámbito da violencia de xénero, co fin de incorporar ó seu traballo diario a perspectiva de xénero, e realizar unha práctica profesional máis adaptada a realidade social.
No díptico adxunto tedes a información sobre as temáticas a traballar.
O obradoiro terá lugar o luns 7 de outubro no Centro Cívico Casco Vello, é de balde e realizarase en horario de 18.00 a 21.00. Será impartido por Carmen Clavería Prada.
Podedes anotarvos nos teléfonos 986 222 328 e 670 453 431
ou no correo electrónico redemediadoras@gmail.com
Agardamos contar coa vosa participación e esperamos que o difundades entre os vosos contactos.