A Asociación Rede de Mulleres contra os malos de Vigo recibe o Premio «Violeta, contra a violencia de xénero» na categoría de Compromiso Social do ano 2011, outorgado por Xuventudes Socialistas de España.

Recoñecen o labor realizado por organismos, entidades e asociacións na súa loita contra esta secuela social.

Xuventudes Socialistas de España (JSE) entrega, esta tarde, os Premios Violeta 2011 nunha cerimonia que terá lugar, ás 20.30h, no Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo (Vigo). Con este evento, presentado pola xornalista Paula Montes (Cadea Ser), a organización quere recoñecer o traballo que levan a cabo organismos, entidades e asociacións para eliminar, dunha vez por todas, a violencia que se exerce sobre as mulleres.

Nesta ocasión o Premio ao Compromiso Social concédese á Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo; o documental Nagore de Helena Taberna (Lamia Producións) será recoñecido na categoría do Compromiso Cultural; no plano internacional, os galardóns recoñecen o labor de Zita Gurmai e Britta Thomsen no establecemento da Euroorden contra a violencia de xénero.

Con estes premios, que van xa pola súa terceira edición, Xuventudes Socialistas «queren non só recoñecer o labor que desempeñan as entidades que loitan contra a violencia cara á muller senón, tamén, animar a todos os cidadáns a rexeitar as agresións deste tipo e axudar ás vítimas». E, lembran que «a pesar de todos os esforzos que se están facendo para erradicar a violencia contra a muller aínda queda moito por facer». Esta loita adquire, este mes, un protagonismo especial ao celebrarse o próximo 25 de novembro o Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres

Entrega do Premio «Violeta, cotra a violencia de xénero» no ano 2011.

https://amecopress.net/JSE-celebra-la-tercera-edicion-de-los-Premios-Violeta-contra-la-violencia-de-genero

https://www.flickr.com/photos/juventudes_socialistas/6343930770/

SAÍR RÁPIDO