O vindeiro venres 27 de outubro terá lugar a actividade «Temos corpo, habitamos o noso corpo», impartida por Ana Pérez Cardoso. Un obradoiro para pensarnos nun corpo, para entender que ao mesmo tempo que temos un corpo, somos un corpo. Como as mensaxes que nos chegan de fora interfiren na vivencia que temos del, e a posibilidade de ter unha relación máis amigable e aberta á diversidade. Para asistir, podedes realizar a inscrición na seguinte ligazón: https://forms.gle/r7Wy2skaanZKw9jV9

SAÍR RÁPIDO