Nos últimos anos púxose muito foco nas violencias sexuais: queremos deconstruir a cultura da violación para construir unha cultura do consentimento, pero… Como se verá esa intención reflectida nas nosas relacións sexuais? Como pasar do discurso á practica? Que lugar ocupan o desexo e o erotismo nesta transformación?
Este obradoiro proponse crear un espazo coidado onde expoñer as nosas inquietudes, para orientarnos, acompañarnos e crear estratexias para ter sexualidades máis libres e pracenteiras.
Acompáñanos o día 16 de novembro de 2023, na sede da Depo en Vigo, rúa Eduardo Chao nº 17. Previa inscrición no seguinte enlace: https://forms.gle/XiWYtRsspuTL1tBB8