En breve comezamos un novo Obradoiro de Autoestima e Resolución de Conflitos. Impartirase os luns dende o 7 de xuño ata o 26 de xullo, en horario de 10h a 13h. Impartirase na Rúa Oliva nº 12, máis info nos teléfonos 986 222 328 ou no 670 453 431. Tamén podes escribirnos a redemediadorasvigo@gmail.com. Agardámosvos!!!
Contidos:
- A túa Identidade e os Mandatos de Xénero, qué relación manteñen…
- Autocoñecemento ferramenta imprescindible para á Autoestima.
- Claves para o desenvolvemento. Tes en conta as túas necesidades? Creenzas Irracionais instaladas no meu Software a debate: deberes e dereitos, valores e principios… todo a revisión.
- Autoaceptación. Valoración das nosas experiencias vitais, sentimentos, emocións.
- Autoafirmación. A Comunicación Asertiva nas miñas relacións. Aprendendo a empregala.
- Coñecer e ensinar aos demais onde están os teus Límites Persoais.
- Obstáculos para o Cambio Persoal: a culpa, a inercia e a validación dos nosos sentimentos.
- Saúde e vida cotiá. Autocoidado, Sexualidade en Femenino. Onde está o teu Desexo?
- Coidar a outros fronte ao teu tempo e espazo persoal.