A Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos, ten como obxectivo
cubrir as demandas e necesidades que día a día expoñen as mulleres que se
achegan á Asociación, polo que dende o ano 1998 traballamos na prevención e
asistencia ás mulleres en procesos de violencia, así como na formación en materia
de xénero e violencia de xénero.


Esta actividade formativa vai encamiñada tanto para as e os profesionais
como para a poboación en xeral e estará enfocada a acadar un maior coñecemento
dos procesos da violencia de xénero para unha mellor intervención na praxe
profesional, así como unha maior detección e comprensión por parte dos grupos
que realicen a nosa formación.

SAÍR RÁPIDO