Rosa Fontaíña, presidenta da Rede de Mulleres contra Vos Malos Tratos de Vigo, asegura que o cambio que prevé o Goberno sobre o Rexistro Civil permitirá que as vítimas de violencia machista refagan a súa vida e que os seus fillos se desvinculen do maltratador, ao consentir que cambien os seus apelidos por circunstancias excepcionais.

Hai moitos fillos de vítimas de malos tratos que non queren levar o apelido dun maltratador, aínda que sexa o seu pai, asegura Fontaíña, que engade que o agresor non se merece que os seus fillos leven os seus apelidos porque non exercen como pais.

Para Fontaíña, que o apelido do pai non prevaleza sobre o da nai en casos de desconformidade sobre a orde dos mesmos é un paso cara á igualdade de sexos, aínda que a presidenta da Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo apoiaría que o da nai fose o primeiro apelido, tal e como está regulado en países como Brasil. A min gustoume levar de primeiro apelido o da miña nai, e non teño nada en contra do do meu pai, comenta.

Que o apelido do pai predomine sobre o da nai é un exemplo máis unha sociedade patriarcal, onde até hai pouco a muller casaba era coñecida como a señora de, lembra Fontaíña, para quen a nova proposta á modificación do Código Civil en 1999 cuajará porque afecta os sentimentos. É facer legal o que emocionalmente desexas, sostén.

https://www.farodevigo.es/sociedad/2010/04/10/igualdad-aprende-clasicos-17853108.html

SAÍR RÁPIDO