Nos primeiros meses de 2021 levamos 29 feminicidios. Onde vintesete mulleres e dúas crianzas perderon a súa vida pola violencia machista. 

 Moitas veces se esquecen ás vítimas invisibles: as crianzas que quedan orfas polo asasinato das súas nais, aquelas que crecerán sen a súa nai porque alguén as considerou unha propiedade da que podían dispor e incluso quitarlle á vida.

Neste mes de maio houbo cinco asasinatos machistas en corenta e oito horas. As mulleres e as súas crianzas xa non poderán falar, denunciar, defenderse, vivir….non esquezas que a única diferenza entre elas e ti, é que se cruce na súa vida cun home maltratador e misóxino.

  • Muller de vintesete anos, embarazada de tres meses e o seu fillo de sete anos asesinados en Sa Pobla (Mallorca), denunciara dúas veces a exparella que foi detida.
  • Muller de cincuenta e dous anos asasinada en Creixell (Tarragona), pola parella a cal suicidouse.
  • Muller de corenta e dous anos asasinada en Corbera de Llobregat (Barcelona), pola parella a cal suicidouse.
  • Muller de corenta e oito anos asasinada en Pola de Laviana (Asturias), pola exparella que foi detida.

Hai que reformar a nosa lexislación para que as mulleres se sintan acompañadas e non culpabilizadas, a ter que revivir a súa traxedia unha e outra vez e a un proceso penal moi longo que lles impide recuperarse. Tampouco se pode agardar máis a que o noso Código Penal se adapte aos convenios internacionais.

Seguimos reclamando a necesidade de formación axeitada e obrigatoria de tódolos axentes e persoal que teñen contacto coas mulleres que rompen coa situación de violencia, é imprescindible que estes delitos se xulguen con perspectiva de xénero, tendo en conta a situación na que se atopan e para impedir sentenzas que non garanten a seguridade das vítimas e do resto da sociedade.

De nada serve un pacto de Estado contra a violencia de xénero e os seus proxectos autonómicos senón se dotan dunha financiación estable que leve á práctica dunha forma contundente medidas eficaces, fomentando a formación en perspectiva de xénero ás persoas profesionais e a implicación de toda a sociedade na erradicación da violencia.

Por todas elas defendemos e defenderemos o noso dereito a vivir en paz.

SAÍR RÁPIDO