Publicada no BOE a Orde SND/370/2020, de 25 de abril, sobre as condicións nas que se deben desenvolver os desprazamentos da poboación infantial durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

  • As nenas e nenos menores de 14 anos, acompañados por unha persoa adulta responsable, poderán circular polas vías e espazos públicos.
  • Máximo 3 crianzas e unha persoa adulta.
  • Se van acompañadas de persoa distinta dos proxenitores/as, tutores, acolledoras ou gardadoras, precisarán dunha autorización previa destes.
  • Circulación permitida para un paseo diario de máximo unha hora.
  • Distancia máxima 1km. do domicilio.
  • Dentro do horario de 9:00 a 21:00.
  • Non permitido a crianzas que presenten síntomas ou se atopen en cuarentena polo COVID-19.
  • Manter a distancia  interpersoal de 2 metros con outras persoas e as medidas hixénicas establecidades polas autoridades sanitarias.
  • Vixencia: dende ás 00:00 do 26 de abril ata que dure o estado de alarma ou as súas posibles prórrogas.

ENLACE Á ORDE NO BOE

SAÍR RÁPIDO