A Asociciación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo, foi recoñecida por atender as demandas das mulleres que sofren violencia de xénero.
Pondo o foco no acompañamento social e a recuperación psicosocial das vítimas. Un premio que outorga a Xunta a entidades que traballan pola igualdade de xénero.
O Consello da Xunta informou hoxe sobre a proposta da comisión de valoración de conceder as Medallas Emilia Pardo Bazán a Megumi Shiozawa (a título póstumo), á Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) é a Asociación Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos tratos de Vigo.
O Goberno galego recoñece con esta iniciativa por segundo ano consecutivo o labor que as premiadas desenvolven ou desempeñaron a favor da igualdade entre homes e mulleres para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade.
A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos tratos de Vigo, pola súa banda, atende as demandas cotiás das mulleres, prestándolle apoio e asesoramento de forma directa, especialmente mediante a intervención directa coas mulleres vítimas de violencia de xénero, pondo o foco na importancia do acompañamento social das mulleres vítimas de violencia de xénero e na súa recuperación psicosocial e laboral.
Entrega da Medalla Emilia Pardo Bazán 2020.
https://www.farodevigo.es/galicia/2020/12/20/mulleres-rurais-ourense-rede-malos-26543400.html
https://www.riasbaixastribuna.com/2020/12/concedidas-las-medallas-emilia-pardo.html