As mobilizacións sociais e laborais caen en Vigo até 363 anuais, a cifra máis baixa da última década.

Vigo segue sendo a cidade de Galicia máis movida. Con todo, as 363 manifestacións rexistradas o pasado ano nada teñen que ver coas máis de mil contabilizadas no 2013. Non só iso, senón que se trata da cifra máis baixa da última década, tanto nas laborais (136) como nas sociais (227). A tendencia da cidade inscríbese dentro do panorama xeral de Galicia e, segundo diversos colectivos, ten moito que ver coa utilización de Internet.


A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos cre que se está substituíndo a rúa polas redes sociais para criticar e protestar por esta ou aquela sentenza ou outros temas. Non ten comparación. O que hai que facer é saír ás rúas, facerse visible e seguir traballando», comenta unha portavoz. Desde fai máis dunha década este colectivo social organiza unha concentración xunto ao Marco os últimos xoves de cada mes para protestar pola indefensión da muller. Nas últimas convocatorias a asistencia non adoita pasar do medio centenar de persoas.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/01/31/protestas-redes-calles/0003_201701V31C1992.htm

SAÍR RÁPIDO