https://blogs.publico.es/otrasmiradas/49783/irune-sara-y-las-vidas-de-otras-muchas-mujeres/
Neste enlace vos deixamos as historias destas dúas mulleres. Na violencia de xénero hai moitos casos que apenas teñen repercusión pero que evidencian, unha vez máis, as situacións nas que o sistema falla ás mulleres e que a xustiza non responde sempre como debese. Non só fállalles a elas senón, aínda peor, aos seus fillos e fillas, sen velar polo interese superior deses menores.
Nos xulgados estase a recoñecer o Sindrome de Alienación Parental como arma para presentar ás nais como manipuladoras que poñen ós seus fillos e fillas en contra dos pais e a estes como vítimas desa manipulación.
Debemos aclarar que malia que ningunha organización científica recoñece a validez desta síndrome e o Consello Xeral do Poder Xudicial recomenda non aceptalo, hai sentenzas que actualmente aluden a el xa sexa explícita ou implícitamente.
O Estado ten a obriga de protexer por riba de todo ás crianzas e non antepoñer os dereitos do proxenitor abusivo e violento aos dereitos destes. Respectar o interese superior do menor pasa por afastalo definitivamente dunha figura paterna abusiva, maltratadora e violenta.