DATA: XOVES 17 DE XUÑO HORARIO: 10.00-13.00 FORMATO ONLINE
Neste enlace podedes visualizar a Xornada en directo: https://youtu.be/1GQ9P-vLhag
Dende a Rede de Mulleres queremos convidarvos ás III Xornadas: A Autoorganización como resposta á violencia de xénero.
O noso obxectivo é artellar novas formas de colaboración a través do coñecemento mutuo e do intercambio de experiencias. Coñeceremos as difrerentes metodoloxías empregadas, o traballo dende a perspectiva de xénero e as liñas de intervención dos colectivos convidados para lograr a consecución dunha sociedade libre de violencias, baseada nunha xustiza real e efectiva.
Nesta ocasión estaremos acompañadas por:
SOS RACISMO, con Esther Lora Rodríguez, avogada da Oficina de información e denuncias, que nos falará da situación das mulleres migrantes.
FUNDACIÓN MENINOS, con Xema Cabana Ferro, traballadora social e directora técnica da Fundación que nos falará da intervención con menores vítimas de violencia.
Inscricións gratuitas:redemediadorasvigo@gmail.comou nos teléfonos 986 22 23 28 // 670 453 431
Habilitaremos unha sala na Oficina Municipal de Distrito Casco Vello (r/ Oliva, 12) para a asistencia presencial ó encontro virtual, para aquelas persoas que non dispoñan de conexión a internet – (Aforo Limitado).