Algunhas están recibindo malos tratos desde que casaron; unha muller levaba 45 anos sendo maltratada e viu a pedir axuda para separarse; iso impresióname porque lle pasou a vida.

Agora, os fillos adoitan colaborar e iso supón unha gran axuda.

Tamén aumentaron as denuncias da xente xóven e dáse o caso de mulleres de 17 anos que xa sufriron malos tratos das súas parellas. De feito, se hai uns anos a idade na que se rexistraban máis casos situábase entre 45 e 60 anos, nestes momentos está entre 20 e 34.

Sobre o perfil das vítimas, a portavoz da Rede de Mulleres é tallante: «Non hai perfil, hai de todo, dáse a circunstancia de rapazas que parecen autoritarias e que se defenden de todo e non se defenden dos homes».

A media anual de novos casos rexistrados en Vigo e os municipios da área metropolitana, que son os que atende a Rede, sitúase ao redor dos douscentos, o que, segundo Fontaíña, non quere dicir que haxa máis violencia en Vigo, senón que se traballa máis. Boa mostra é que ás veces a unha mesma muller chégaselle a atender até 20 veces.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2009/09/19/mujeres-mayores-70-anos-valor-separarse/0003_7980663.htm

SAÍR RÁPIDO