Dende a Rede de Mulleres queremos convidarvos xunto con Agamme, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, ao Foro Aberto que organizamos e que este ano tratará sobre «Protección á Infancia e á Adolescencia fronte á Violencia (LOPIVI)».
Será o venres 29 de novembro na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Rúa Eduardo Chao nº 17) ás 17.30h e ata as 20h.
Se estás interesada en participar tes que inscribirte nesta ligazón: https://forms.gle/H6Tsq4DAEgpAcSPo8
Vémonos!