Informámosvos de que o día venres 5 de decembro, dende a Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, da man da ponente Priscila Retamozos Ramos, organizamos un foro aberto sobre «Previr a violencia machista contra a reacción patriarcal”. Será no edificio Redeiras, na rúa Ribeira do Berbés, nº11 de 17.00h a 19.30h. Podedes inscribirvos nesta ligazón: https://forms.gle/UHei24HXw7hcYypb8 ou chamando ao 670 45 34 31 ou 627 97 85 44

Priscila é  unha Politóloga, formadora e consultora experta en igualdade de xénero. Dende fai anos traballa en aulas e entidades coa comunidade educativa. Coordinadora do proxecto coeducativo «Comando Igualdade» e coautora dos dous libros sobre esta experiencia. En 2022 recibiu o Premio Emilia Pardo Bazán no Pais das Rías pola súa trayectoria na coeducación. Co-creadora e presentadora do videopodcast Histérikas Histórikas galardonado como programa revelación polos premios «Youtubeiras». A finais deste 2025 ven de publicar «Las trampas de la pornografía» xunto a Chis Oliveira e Amada Traba.

SAÍR RÁPIDO