Encontro entre organizacións que traballan na asistencia a mulleres en procesos de violencia, máis concretamente convidaremos á Espai Ariadna, que xestiona unha casa de acollida en Barcelona, e á Asociación Moradas, que traballan con mulleres sen fogar.
Será en formato online.
– ASOCIACIÓN MORADAS: «Violencia machista cara ás mulleres sen fogar». Laura Carrasco.
– ESPAI ARIADNA: «Abrindo as portas de ESPAI ARIADNA. Unha experiencia situada con mulleres superviventes de violencias de xénero e consumo de sustancias». Miriam Vázquez de Santiago.
