PUNTO DE INFORMACIÓN PARA FAMILIAS
Na nosa sociedade as familias hoxe en día enfróntanse a unha sociedade que evolucionou moi rapidamente, e con ela a familia, a mocidade, a contorna foron tamén transformados profundamente. Así pois moitas veces atopámonos con que as familias non dispoñen das ferramentas para afrontar os novos retos. Tampouco abundan actividades que permitan ás familias compartir con outras as súas experiencias, medos, alegrías e dificultades de modo que ao interaccionar con outras persoas se favoreza e mellore as relacións familiares. O punto de información para familias xurde como resposta a estas carencias e inquedanzas. A información pode ser solicitada por centros docentes, organismos tales como concellos e asociacións que o desexen e as propias familias. Ademais, organizaremos obradoiros sobre algunha das temáticas a traballar:
Resolución de conflitos na educación das crianzas
A comunicación: estratexias para entendernos mellor
O desenvolvemento da personalidade na adolescencia
Educación para o lecer e tempo libre
A autoestima na adolescencia
As normas, castigos e límites
Educación afectivo-sexual
Autoestima para familias
Redes sociais