Prestacións para persoas en situación de violencia
Axudas periódicas para mulleres en situación de violencia de xénero. Ano 2023
Persoas beneficiarias:
- Mulleres maiores de idade ou emancipadas vítimas de violencia de xénero..
- Nunha relación de convivencia e dependencia económica do seu agresor
- No caso das vítimas de trata con fins de explotación sexual: relación de dependencia da persona que mantiver sobre ela unha relación de dominación
- Requisitos ou condicións:
- Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude
- Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres extranxeiras: Ter permiso de residencia
- No caso das vítimas de trata con fins de explotación sexual: acreditar que poseen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
- Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor
- E/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do Iprem vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Contía:
A contía das axudas establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) vixente, e en atención ao número de fillas e fillos menores ou menores en acollida a cargo, así como o grao de discapacidade da solicitante e/ou dos menores a cargo, de ser o caso.
- Entre 200 euros/mes e 800 euros/mes; ata un máximo de doce mensualidades.
Link:
Axuda de pago único e indemnización para mulleres en situación de violencia de xénero. Ano 2023
Persoas beneficiarias:
- Mulleres maiores de idade ou emancipadas vítimas de violencia de xénero. Requisitos:
- Non convivir co agresor
- Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia
- No caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia
- Ter especiais dificultades para obter un emprego
- Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias
- Non poderán ser beneficiarias as mulleres que percibisen esta mesma axuda con anterioridade.
Importe:
O importe xeral desta axuda será o equivalente a seis meses do subsidio por desemprego vixente, e que pode chegar a ser o equivalente a doce, dezaoito ou vinte e catro meses do subsidio por desemprego vixente en función das rendas e ingresos, das responsabilidades familiares, ou do grao de discapacidade da solicitante e/ou familiares ou menores acollidos/as a cargo.
Prazo:
Ata o 30 de novembro de 2023.
Link:
Estas axudas de indemnización recollidas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2020.
Persoas beneficiarias:
- Fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero. Requisitos na data do falecemento da nai:
- Ser menores de idade e convivir coa nai, independentemente da renda familiar
- Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor
- Mulleres que resultasen gravemente feridas con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero
- Ser muller, maior de idade ou emancipada
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia no momento dos feitos
- Mulleres estranxeiras: Permiso de residencia e de traballo
- Resultar gravemente ferida, con lesións que requiran hospitalización por causa de violencia de xénero
Contía:
O importe das indemnizacións reguladas nesta resolución fíxase na cantidade de sete mil euros (7.000 €) por cada persoa beneficiaria.
Prazo:
Ata o 30 de novembro de 2023
Link:
Renta Activa de Inserción para persoas en procesos de violencia de xénero ou doméstica
Persoas beneficiarias:
Mulleres vítimas de violencia de xénero ou violencia doméstica:
- É vítima de violencia de xénero a muller que sofre violencia física ou psicolóxica (incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade) de parte de quen sexan ou fosen os seus cónxuxes ou de quen están ou estivesen ligados a ela por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia e independentemente do seu estado civil. Ademais, tamén terán a condición de vítima de violencia de xénero os seus fillos ou fillas menores e os menores suxeitos á súa tutela ou garda e custodia que sufran esta violencia.
- É vítima de violencia doméstica, para efectos da RAI quen sufrise dita violencia se esta exerceuse por:
- O seu cónxuxe, excónyuge, persoa ligada por análoga relación de afectividade, ou expareja, se a vítima non é muller ou se ambos os membros da parella son do mesmo sexo
- Os seus fillos ou fillas ou os seus pais ou nais, con independencia, en ambos os casos, da súa idade
- Os fillos ou fillas ou os pais ou nais do seu cónxuxe ou excónyuge ou da súa parella de feito ou expareja, de calquera idade
- O cónxuxe, excónyuge ou parella de feito do seu proxenitor ou proxenitora
Requisitos:
- Ter acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia de xénero ou doméstica, salvo cando conviva coa persoa agresora
- Estar inscrita como demandante de emprego
Outras axudas
VI482F – Bono de alquiler social
Audas destinadas a atender con carácter urxente a situación da vivenda de vítimas de violencia de xénero, personas obxeto de desahucio da sua vivenda habitual, persoas sen fogar e outras persoas especialmente vulnerables.
Prazo: ata o 30 de novembro de 2026. Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI482F&ano=2022&numpub=1&lang=es
Axudas para a exención da tasa de lixo para o vindeiro ano 2023
Trámite para quedar exento del pago de la tasa por recogida de residuos sólidos urbanos en el término municipal de Vigo, su transporte a los centros de eliminación y posterior tratamient
Prazo: 1 de outubro ata o 31 de decembro do 2023.
CONVOCATORIAS ANTERIORES
Axudas para educación en igualdade
RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento SI449B).
Axudas para o emprendemento
Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino. Ano 2022
O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.
Prazo: ata o 12 de agosto 2022. Solicitude: Emprendemento Feminino.
Axudas para exercer a corresponsabilidade
Axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado e se convoca para o ano 2023 (código de procedemento BS412A).
Concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023, así como proceder á súa convocatoria.
Prazo: ata o 15 de setembro 2023.
Axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo
Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta resolución.
Prazo: ata o 2 de agosto.
Subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero
As axudas recollidas nesta resolución recoñeceranse cando o traslado se producira con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020
Persoas beneficiarias:
Mulleres vítimas de violencia de xénero que cumpran os seguintes requisitos:
- Acreditar a situación por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (nos 24 meses anteriores ó cambio de residencia)
- Para esta resolución tamén terán condición de vítima de violencia de xénero as mulleres que padeceran violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa
- Ter cesado a relación de convivencia co seu agresor
- Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non supere o límite do importe de 3,5 veces o IPREM vixente nos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude
Subvencións:
- Gastos de desprazamento
- Gastos de transporte de mobiliario e enseres
- Gastos de aloxamento
- Gastos de gardaría e de atención a persoas dependentes.
Prazo:
Ata o 30 de novembro de 2022