O número de asuntos de entrada no Xulgado de Violencia sobre a Muller descendeu ao longo deste ano con respecto a 2019. En concreto, son 712 os asuntos penais, fronte aos 787 do nove primeiros meses do ano pasado, e 65 os civís, polos 83 na mesma franxa do exercicio precedente.

Así o avanzou o xuíz decano, Germán Serrano, á Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, coa que mantivo onte unha reunión e á que ofreceu a súa «máxima colaboración» para resolver as incidencias que poidan orixinarse no itinerario xudicial das causas por violencia de xénero.

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2020/10/07/disminuye-carga-asuntos-juzgado-violencia-20189543.html

SAÍR RÁPIDO