Informamos do curso de Benestar Emocional » Humor Positivo» para mulleres.

O primeiro día vaise impartir un módulo en igualdade de 3 horas, posteriormente impartirá o curso Pilar Lorenzo Represas, será todos os Martes e Venres 14, 17, 21, 28 de Xuño e 1, 5, 8, 12, 15, 19, 22, 26 e 29 de Xullo en horario de 10:30h.a 13:00h.A proposta dende o Curso Humor Positivo é potenciar nas participantes unha actitude activa de bo humor favorecendo a toma de consciencia para elixir a opción emocional máis axeitada a cada situación cotiá tendo como base a experiencia vivencial no curso dos beneficios da risa e o bo humor.

Precísase:

Roupa cómoda (tipo chándal, calcetíns)Un coxín.
Unha manta ou esteira en caso de solo no acondicionado.

Inscricións no correo: redemediadorasvigo@gmail.com indicando os vosos datos persoais (Nome, Apelidos, DNI, Teléfono); para máis info nos teléfonos 986 222 328 ou no 670 453 431. 
Animádevos a participar!!!

Agradécese difusión.

SAÍR RÁPIDO