Como tódolos útimos xoves de cada mes, a Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 29 de febreiro de 2024 ás 20h, ata as 20.30h aproximadamente, diante do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Volvemos a convocar a toda a cidadanía a rexeitar publicamente a violencia cara ás mulleres e crianzas. Agardámosvos outro xoves máis no Museo do Marco. Unha representante da nosa entidade lerá o comunicado en repulsa da violencia de xénero.