A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 28 de abril de 2022 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO). Respectaranse a medidas establecidas polo COVID-19. Manteremos entre nós as distancias recomendadas e o uso obrigatorio de máscara.

Levamos 28 mulleres e 3 crianzas asasinadas no que vai de ano. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e rexeitamos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e as crianzas.

 As mulleres son asasinadas brutalmente diante das súas crianzas. Denunciaremos as inxustizas que están acontecendo para lograr unha sociedade igualitaria.

Agardámosvos unha vez máis que nos acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco. Unha representante da nosa entidade lerá o comunicado en repulsa da violencia de xénero.

SAÍR RÁPIDO