Como tódolos meses, a Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 25 de xaneiro de 2024 ás 20h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
Volvemos a convocar a toda a cidadanía a rexeitar publicamente a violencia cara ás mulleres e crianzas, xa que no ano 2023 foron 100 as vítimas.
Agardámosvos unha vez máis que nos acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco. Unha representante da nosa entidade lerá o comunicado en repulsa da violencia de xénero.

SAÍR RÁPIDO