A Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 30 de Setembro de 2021 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
Levamos 52 mulleres asasinadas e 3 menores no que vai de ano. Denunciamos a barbarie que se está levando a cabo coas mulleres, as atencións seguen aumentando cada ano. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e rexeitemos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e as crianzas que o padecen.
Agardámosvos unha vez máis que nos acompañedes neste acto que organizamos. Nesta ocasión contaremos para a lectura do comunidado cunha integrante de Rede de Mulleres.
Agardámosvos a todas e todos!!!