A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 26 de outubro de 2023 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
Levamos 83 mulleres e 3 crianzas asasinadas no que vai de ano. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e rexeitamos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e as crianzas.
As mulleres son asasinadas brutalmente diante das súas crianzas. Denunciaremos as inxustizas que están acontecendo para lograr unha sociedade igualitaria.
Agardámosvos unha vez máis que nos acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco. Lerá o comunicado unha representante de Rede.