A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 27 de xaneiro de 2022 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
Tralo parón en contra da nosa vontade debido á situación sanitaria, volvemos a convocar a toda a cidadanía a rexeitar públicamente a violencia cara ás mulleres e crianzas, xa que no ano 2021 71 mulleres e 4 crianzas foron asasinadas.
Agardámosvos unha vez máis que nos acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco. Unha representante da nosa entidade lerá o comunicado en repulsa da violencia de xénero.
Respectaranse a medidas establecidas polo COVID-19. Manteremos entre nós as distancias recomendadas e o uso obrigatorio de máscara.
Agradecemos a súa difusión.
Vigo, 24 de xaneiro de 2022
A coordinadora e voceira,
Rosa Fontaíña Pazos