A Asociación Rede de Mulleres convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 24 de febreiro de 2022 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO). Respectaranse as medidas establecidas polo COVID-19. Manteremos entre nós as distancias recomendadas e o uso obrigatorio de máscara.
Levamos 10 mulleres e 2 crianzas asasinadas no que vai do ano 2022. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e rexeitamos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e as crianzas.

Agardámosvos unha vez máis que nos acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco. Unha representante da nosa entidade lerá o comunicado en repulsa da violencia de xénero. 

 As mulleres son asasinadas brutalmente diante das súas crianzas. Denunciaremos as inxustizas que están acontecendo para lograr unha sociedade igualitaria

Agradecemos a súa difusión.

SAÍR RÁPIDO