A «Rede de Mulleres Veciñais Contra Vos Malos Tratos» incorpora trinta novas mediadoras en violencia de xénero. O acto de entrega de diplomas, despois dun curso intensivo que se desenvolveu en dúas fases tivo lugar onte no Centro Cívico do Casco Vello, con asistencia das autoridades que interviñeron nas xornadas de traballo compartindo formación.

Os obxectivos desta «Rede de mediadoras» son traballar na prevención dos malos tratos, asistir ás mulleres maltratadas en todas as situacións en que sexa necesario, difundir os valores de igualdade entre as persoas sen discriminación por razóns de xénero e defender os dereitos e intereses das mulleres.

Un dos obxectivos fundamentais da «Rede» é eliminar a violencia contra as mulleres mediante a prevención iniciada xa nos barrios e nas familias e a denuncia social dos malos tratos.

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2008/05/16/red-vecinal-malos-tratos-incorpora-18037127.html

SAÍR RÁPIDO