A Rede de Mulleres Veciñais contra vos Malos Tratos, inicia unha serie de sesións sobre violencia de xénero dirixidas a familias, que se desenvolverán nos centros públicos de de Vigo. Trátase dun proxecto de formación para nais e pais destinada a lograr a prevención e detección precoz deste tipo de actitudes violentas.
A actividade que se realiza en varios módulos informativos, inaugurouse onte no IES Álvaro Cunqueiro, e a próxima cita terá lugar no IES de Beade o vindeiro martes, día 16.