Como cada último xoves de mes, unha vintena de membros da Rede de Mulleres Veciñais contra vos Malos Tratos volveron a saír á rúa para denunciar e esixir o fin da violencia machista. A chaira do MARCO acolleu unha nova concentración da asociación feminista na tarde de onte. Neste caso, a lectura do manifesto correu a cargo dunha das mulleres da propia Rede, cuxa finalidade é concienciar á cidadanía para «vivir e deixar vivir en paz».

A Rede de Mulleres reivindica no MARCO o fin da violencia

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/05/27/rede-mulleres-reivindica-marco-violencia/1468537.html

SAÍR RÁPIDO