Manuel Vilariño expón no Museo de Arte Contemporánea «Marco».

A Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo organiza, para o 6 de outubro, unha visita ao Marco co fin de ver a exposición de Manuel Vilariño.
Seda do cabalo é a maior de cantas exposicións realizáronse até agora do Premio Nacional de Fotografía 2007. É unha mostra comisariada por Fernando Castro Flórez, que revisa a traxectoria do fotógrafo a través dunha selección de obras desde 1980 até a actualidade. Despois da visita realizarase un obradoiro de comunicación e imaxe. Esta actividade está condicionada polas medidas anticovid polo que terá un aforamento limitado. Para participar nela é necesario realizar unha inscrición previa.
A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo ten a súa sede na rúa Oliva, 12-2º. O teléfono das oficinas desta asociación é o 986 222 328.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2020/09/30/rede-mulleres-organiza-visita-seda-do-cabalo/0003_202009V30C4993.htm

SAÍR RÁPIDO